Tamara Abalde - FEB
Tamara Abalde - FEB

Tamara Abalde: “O deporte é unha aprendizaxe continua”

  • Síntome moi afortunada de ter podido vivir uns Xogos co meu irmán
  • O deporte feminino, e en concreto o baloncesto, está dando pasos moi importantes para a profesionalización total. Pero aínda queda camiño por percorrer

Un positivo en COVID-19 deixouna fóra das pistas para o EuroBasket de Valencia, pero Tamara Abalde non podía perder a seguinte gran cita do verán. A ferrolá acudiu a Tokyo 2020 coa Selección Española de baloncesto en busca das medallas, pero as españolas volveron á casa con diploma e a experiencia de ter competido nuns Xogos Olímpicos este ano. Esta foi unha edición moi especial para a galega, que puido compartir o desfile de inauguración co seu irmán, Alberto Abalde, xogador da Selección masculina de baloncesto. 

Chegaches aos Xogos despois de ter que quedar fóra do EuroBasket pola COVID-19, que significou para ti a volta á concentración coa Selección? 

Foi un golpe duro perderse o Eurobasket, pero ao mesmo tempo creo que nos fixo encarar os Xogos con máis ilusión aínda. 

No equipo masculino había outro Abalde, o teu irmán Alberto. Como vivistes esta experiencia compartida en Toquio?

Foi algo realmente especial, único. Síntome moi afortunada de ter podido vivir uns Xogos co meu irmán. Desfrutámolo moito. Desfilar xuntos no estadio olímpico o día da inauguración é un momento que gardaremos para sempre con moito cariño. 

Tamara Abalde - TAMARA ABALDE
Tamara Abalde – TAMARA ABALDE

Finalmente non puidestes optar ao podio, pero volvestes á casa cun diploma baixo o brazo. É premio suficiente para vós?

O equipo é moi ambicioso e foi duro quedar fóra da loita polas medallas. Pero o deporte é así.

En cuartos de final caestes ante Francia. Poderíase dicir que é o voso gran rival?

Francia tiña un gran equipo, viñan de ser medalla de prata no Eurobasket e era un dos favoritos a todo este verán. Competimos ata o final, pero non puido ser.

Co atraso dos Xogos pola pandemia, a seguinte edición está máis preto que de costume. Estás a pensar xa en París 2024?

Agora mesmo estou pensando unicamente na tempada que teño por diante co Ensino. Foi un verán moi intenso, con momentos duros e outros marabillosos. Pero agora o que toca é cambiar o chip e centrarse na tempada tan ilusionante que empezamos en Lugo.

Tamara Abalde - FEB
Tamara Abalde – FEB

Nesta nova tempada volverás a competir en terras galegas da man do Ensino de Lugo. Que aprendizaxe traes de Xapón para xogar en Galicia?

Estou moi contenta de estar aquí, e síntome moi afortunada de ter podido vivir uns Xogos co meu irmán. O deporte é unha aprendizaxe continua.

O nivel do baloncesto feminino galego está polas nubes con nomes como o de Raquel Carrera, Paula Ginzo e o teu, consideras que está tan profesionalizado como o masculino?

Creo que o deporte feminino, e en concreto o baloncesto, está dando pasos moi importantes para a profesionalización total. Pero aínda queda camiño por percorrer.

Compartir en