Carlos Arévalo – Rodrigo Germade – Piragüismo – K4 500 m – Final A – Bronce
Os padexeiros galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade chegaron á final A nestes Xogos Olímpicos de París 2024 co K4 500m e gañaron a medalla de bronce. O K4 500m español cruzou a meta terceiro cun tempo de 1:20.05. O ouro foi para o barco de Alemaña que fixo un tempo de 1:19.80. A prata […]
Diego Domínguez – Piragüismo – C2 500 m – Final A – Bronce
Medalla de bronce para galego Diego Domínguez e o mallorquín Joan Antoni Moreno, que cruzaron a liña de meta en terceiro lugar no C2 500 cun tempo de 1:41.18. Medalla para esta parella de padexeiros nos Xogos Olímpicos de París 2024. A competición de augas tranquilas ten lugar no Estadio Náutico Vaires-sur-Marne. Consulta aquí a […]
Antía Jácome – Piragüismo – C1 200 m – Semifinais – Pasa á final A
A padexeira galega Antía Jácome estará na final A do C1 200m logo deter acadado o terceiro posto na súa semifinal. A loita polas medallas vaise disputar hoxe mesmo a partir das 13:50 h. A deportista compite nos seus segundos xogos olímpicos. Consulta aquí a ficha da competición.
Pablo Crespo – Piragüismo – C1 1000 m – Semifinais – Pasa á final B
O pontevedrés Pablo Crespo finalizou en 8.ª posición a súa semifinal no C1 1.000m cun tempo de 4:03.04 e accede á final B que se disputará hoxe ás 13:40 h. Consulta a ficha da competición nesta ligazón
Pablo Crespo – Piragüismo – C1 1000 m – Cuartos de final – Pasa a semifinais
O galego Pablo Crespo clasificou na 2.ª posición na segunda serie dos cuartos de final no C1 1.000m, asinando un tempo de 3:50.24. O pontevedrés accede deste xeito ás semifinais do próximo 9 de agosto logo de mellorar as sensacións e tempo da anterior serie. Consulta aquí a ficha da competición
Teresa Portela – Carolina García – Sara Ouzande – Piragüismo – K4 500 m – Final – Diploma
Diploma olímpico para o K4 500m feminino co cuarteto de padexeiras composto por Sara Ouzande (Xixón, 1996), Estefanía Fernández (Mérida, 1996), Carolina García Otero (Pontevedra, 1999) e Teresa Portela (Cangas, 1982). Nesta final dos Xogos Olímpicos de París cruzaron a meta en sexta posición. Cruzaron a liña de meta parando o crono en 1:34.51. O […]
Carlos Arévalo – Rodrigo Germade – Piragüismo – K2 500 m – Semifinais – Pasan á final B
Non puido entrar na final A o caiac dos galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade que remataron quintos na súa quenda nas semifinais do K2 500 m cun tempo de 1:28.49. Competirán hoxe mesmo na final B dos Xogos de París 2024. Os catro caiacs máis rápidos de cada serie pasaban á final A e […]
Carolina García – Sara Ouzande – Piragüismo – K2 500 m – Semifinais – Pasan á final B
As galegas Sara Ouzande (Xixón, 1996) e Carolina García Otero (Pontevedra, 1999) rematan sextas a súa quenda nas semifinais do K2 500 m cun tempo de 1:40.23 e competirán na final B destes Xogos Olímpicos de París 2024. Os catro caiacs máis rápidos de cada serie pasaban á final A e o resto accedía á […]
Carolina García – Sara Ouzande – Piragüismo – K2 500 m – Cuartos de final – Pasan a Semifinais
O barco das galegas Sara Ouzande (Xixón, 1996) e Carolina García Otero (Pontevedra, 1999) superou os cuartos de final do K2 500m e avanza un novo chanzo meténdose nas semifinais. O caiac das españolas rematou na terceira posición da súa quenda e disputarán o vindeiro 9 de agosto as semifinais. Están incluídas na semifinal 2 […]
Diego Domínguez – Piragüismo – C2 500 m – Semifinais – Pasa á final A
O galego Diego Domínguez compitía no C2 500m masculino nos Xogos Olímpicos de París xunto con Joan Antoni Moreno. Nesta xornada os padexeiros españois loitaban por meterse na final e metéronse na final A. Na semifinal fixeron un tempo de 1:40.23 cruzando a meta da súa quenda en cuarto lugar. A competición de augas tranquilas […]