Adrián Mosquera – Paracanoe – VL3 – C1 200 m – Final B – 2.º
Adrián Mosquera finalizou segundo na final B na proba VL3 C1 200m de paracanoe cun tempo de 52.54 o que coloca ao padexeiro de Rianxo como 10.º na posición global desta proba nos seus segundos Xogos Paralímpicos. Con esta competición finalizou a súa participación en París 2024. Para chegar a esta final B disputou as […]
Araceli Menduiña – Paracanoe – KL3 – K1 200 m – Final A – 4.ª Diploma
Araceli Menduiña quedou a tan só 14 centésimas da medalla de bronce na final A do KL3 K1 200m. A deportista de Cangas acada un diploma nos seus primeiros Xogos Paralímpicos facendo un tempo de 48.93 na final na que foi 4.ª clasificada. Nas semifinais a padexeira de Cangas foi segunda na súa quenda cun […]
Araceli Menduiña – Paracanoe – KL3 – K1 200 m – Semifinais – Pasa á final A
Nas semifinais do KL3 K1 200m Araceli Menduiña acadou o pase á Final A que se disputará hoxe ás 12:15 h. A padexeira de Cangas foi segunda na súa quenda cun tempo de 49.48. Previamente, finalizaba 3.ª a súa serie en paracanoe na categoría KL3 na distancia de K1 200m cun crono de 49.69 pasando a […]
Adrián Mosquera – Paracanoe – VL3 – C1 200 m – Semifinais – Final B
O padexeiro de Rianxo Adrián Mosquera compite en paracanoe na categoría VL3 e disputará a final B na proba VL3 C1 200m de paracanoe. Nas semifinais foi cuarto cun tempo de 50.74 que o coloca na final B que se disputará hoxe ás 12:33 h. Estos son os seus segundos Xogos Paralímpicos. Consulta aquí a […]
Adrián Mosquera – Paracanoe – VL3 – C1 200 m – Series – Pasa a semifinais
O padexeiro de Cangas Adrián Mosquera compite en paracanoe na categoría VL3 na distancia do C1 200m. Finalizou quinto na súa serie cun tempo de 52.38. Accede a semifinais do C1 200m categoría KL3 que se disputarán o domingo ás 10:56. Aí buscará praza para a final do mesmo domingo ás 12:41. Os tres primeiros […]
Araceli Menduiña – Paracanoe – KL3 – K1 200 m – Series – Pasa a semifinais
A padexeira de Cangas Araceli Menduiña finaliza 3.ª a súa serie en paracanoe na categoría KL3 na distancia de K1 200m cun crono de 49.69. Deste xeito a deportista galega pasa a semifinais desta distancia. As semifinais correranse o domingo 8 ás 10:42 h. Á final A pasan as tres deportistas máis rápidas de cada […]
Antía Jácome – Piragüismo – C1 200 m – Final A – Diploma 4.ª
A padexeira galega Antía Jácome acariñou a medalla de bronce ao finalizar na cuarta posición na final A na proba do C1 200m cun tempo de 44.78. A galega acada diploma olímpico. Consulta a ficha desta competición.
Pablo Crespo – Piragüismo – C1 1000 m – Final B – 4.º
O pontevedrés Pablo Crespo acadou un oco na final B do C1 1000 m e finalizou en cuarta posición. Consulta aquí a ficha da proba
Carolina García – Sara Ouzande – Piragüismo – K2 500 m – Final B – DNF
Sara Ouzande (Xixón, 1996) e Carolina García Otero (Pontevedra, 1999) disputaron a final B do K2 500m pero non puideron finalizar a súa proba ao envorcar o seu caiac durante a competición. Consulta aquí a ficha da competición
Antía Jácome – Piragüismo – C2 500 m – Final A – Diploma
Na final do C2 500 a galega Antía Jácome e a madrileña María Corbera acadan diploma nos Xogos Olímpicos de París 2024 ao cruzar a meta en sexta posición cun tempo de 1:56.65. Consulta aquí a ficha da competición