Carlos Arévalo e Rodrigo Germade – Piragüismo – Final
Cun excelente tempo na semifinal 2, rematando no máis alto da clasificación, os españois do K4 500, cos galegos Rodrigo Germade e Carlos Arévalo, estarán na final polas medallas. Finalmente, o grupo de padexeiros accedeu ao podio, colgándose a medalla de prata. Dous metais máis que veñen a Galicia, grazas á segunda posición acadada polo […]
Carlos Arévalo e Rodrigo Germade – Piragüismo – Semifinal
O K4 500, no que compiten dous galegos, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, estará na semifinal. Os españois lograron o mellor tempo da xornada nas eliminatorias, sendo primeiros do seu grupo, e agora padexarán por estar na final e colgarse unha medalla. De clasificarse nesta semifinal, regatearán polo podio dúas horas máis tarde, desde as […]
Carlos Arévalo – Piragüismo – Final
Despois de acceder á final nun terceiro posto, Carlos Arévalo compite na final polas medallas do K1 200. O galego rematou a competición en quinto lugar, cun tempo de 35.391, a 0.356 do gañador, o húngaro Totka. Con este resultado, Arévalo volve a casa cun diploma olímpico. Ademais, aínda ten por disputar a proba do […]
Antía Jácome – Piragüismo – Final
Despois de quedar cuarta na semifinal 2 do C1 200, Antía Jácome competirá na final olímpica aspirando a medalla. Finalmente, a padexeira de Pontevedra rematou en quinta posición, cun tempo de 47.226, a 1.294 da vencedora, a norteamericana Harrison. Con esta posición, Jácome lévase o diploma olímpico a casa.
Antía Jácome – Piragüismo – Semifinais
Nos seus primeiros xogos olímpicos a pontevedresa Antía Jácome alcanza as semifinais do C1 200m. Chegará á final que tamén se disputa nesta xornada? A semifinal da española vaise disputar ás 2.51 hora española do xoves 5 de agosto no Canal Sea Forest. Cun cuarto posto, Antía Jácome estará na final! A padexeira fixo un […]
Antía Jácome – Piragüismo – Cuartos de final
A pontevedresa Antía Jácome competirá nos cuartos de final do C1 200m nos Xogos Olímpicos Tokyo 2020. Na súa serie tivo un tempo de 46.691, e rematou terceira. O seu primeiro posto nos cuartos de final da regata de C1 200m. cun tempo de 45.668 dálle acceso ás semifinais.
Carlos Arévalo – Piragüismo – Semifinal
Carlos Arévalo alcanzou as semifinais na modalidade de K1 e na distancia de 200 m. A competición terá lugar entre as 2.37 hora española do xoves 5 de agosto no Canal Sea Forest. O galego pasou á final en terceira posición, acadando un tempo de 35.207, con só 0.057 máis que o primeiro clasificado, o […]
Teresa Portela – Piragüismo – Semifinal 1
Despois de rematar primeira nas series do K1 200, Teresa Portela continúa a súa sexta aventura olímpica nas semifinais da súa modalidade de piragüismo. A galega Teresa Portela remata cuarta na semifinal cun tempo de 38.858. Estará na final olímpica unha vez máis.
Antía Jácome – Piragüismo – Series
A pontevedresa Antía Jácome competirá nas series da modalidade de C1 200m nos que serán os seus primeiros Xogos Olímpicos. Antía Jácome, cun tempo de 46.691, remata terceira na súa serie. Pasará pola repesca no C1 200m.
Carlos Arévalo e Rodrigo Germade – Piragüismo – Series
O K4 500 español conta con dous padexeiros galegos: o betanceiro Carlos Arévalo e o cangués Rodrigo Germade. As series desta distancia serán entre as 3.30 e as 3.37 hora española do 6 de agosto. Cun tempo de 1:21.658, os españois lideraron a proba, con 0.149 de vantaxe sobre os segundos, os eslovacos, e 5.166 […]