María de Valdés – Natación – Augas abertas 10km (17.º)

María de Valdés finaliza a proba de 10km de augas abertas no 17.º posto. A competición tivo lugar no Sena A nadadora fixo un tempo de 2:07:02.4 nestes Xogos Olímpicos de París 2024. Consulta aquí a ficha da proba.
Yulenmis Aguilar – Atletismo – Xavelina – Cualificacións – Pasa á Final

A campioa de España de lanzamento de xavelina, Yulenmis Aguilar, competía en París 2024 dentro do top 10 mundial de marcas deste ano. O primeiro paso é superar as cualificacións para meterse na final e fíxoo. Yulenmis Aguilar accede á final de lanzamento de xavelina ao estar entre as 12 primeiras. O corte por marca […]
Ester Navarrete – Atletismo – Maratón – 42.º

A campioa de España de Maratón, Ester Navarrete, finaliza a maratón dos Xogos Olímpicos de París 20204 no posto 42.º A corredora viguesa mantívose durante toda a proba na zona media e rematou cun tempo de 2:32:07. Os seus postos nos pasos cada 5km e tempos foron os seguintes: 5 km 64.º 17:31 10 km […]
Tariku Novales – Atletismo – Maratón – 68.º

Na proba do maratón o atleta galego Tariku Novales finalizou a competición no posto 68.º cun tempo de 2:25:50 asinando a súa mellor marca da tempada.. Foi un recorrido duro polas pendentes con subidas e baixadas contra do quilómetro 30 que xusto é chave no maratón, como xa se comentara. Ademais correuse rápido, non só […]
Belén Toimil – Atletismo – Lanzamento de peso – Cualificacións – Non pasa á final

Belén Toimil non pasa á final do lanzamento de peso. A atleta de Mugardos fixo 2 intentos nulos e un lanzamento de 16.83m. A galega chegaba disposta a escachar a bóla aos seus segundos Xogos Olímpicos. En Toquio non puido gozar da experiencia como quería e ese e era o seu principal obxectivo en París. […]
Adrián Ben – Atletismo – 800m – 1.ª Rolda – Vai á repesca

Adrián Ben finaliza cuarto na terceira serie dos 800m cun tempo de 1:45.03 e vai á repesca que se celebrará o xoves 8 de agosto ás 12:00 horas. Consulta aquí a ficha da competición
Yulenmis Aguilar: “Cando souben que ía a París pensei: pagou a pena”

“Nestes Xogos aspiro a estar ben de saúde e logo meterme na final”. “Chego a París máis madura que fun a Río, con máis expectativas e con máis gana de achegar alegrías a toda España”. “Sen Raimundo Fernández non chegaría ata aquí, rotundamente, non”. Primeiro chegou a nacionalidade por carta de natureza, daquela a […]
Desirée Vila: “Crecín e madurei como deportista desde Toquio ata París”

“Estou máis preparada para enfrontar a presión, os nervios, os infinitos estímulos que haberá na vila”. “París vai ser moi especial para min, porque a miña última competición como ximnasta foi en 2014 nesta mesma cidade. Quen me ía dicir que o deporte me volvería levar a esa cidade, pero, nesta ocasión, para disputar uns […]
Tariku Novales: “No circuíto de París non imos ter a oportunidade nin de levantar a cabeza porque hai moitísimas costas”

Tariku Novales: “Participar unicamente non me vale, quero sentirme orgulloso e poder demostrar o adestrado”. “Creo que no Maratón de Valencia podo chegar ás 2 horas e 4 minutos ou mesmo pelexar por rebaixar ese tempo”. O esforzo e a perseveranza foron dous dos ingredientes que catapultarán a Tariku Novales (Jijiga, Etiopía, 1998) a […]
Ana Peleteiro – Atletismo – Triplo salto – Final – 6.ª Diploma

Ana Peleteiro acada diploma olímpico ao rematar na sexta posición o concurso de triplo salto nestes Xogos de París 2024 A súa mellor marca foi un salto de 14.59 metros. Así foron os saltos da triplista galega: 14.55 m 13.73 m 14.52 m 14.59 m 14.26 m 14.31 m O ouro foi para a dominicana […]