Adrián Mosquera – Paracanoe – VL3 – C1 200 m – Final B – 2.º
Adrián Mosquera finalizou segundo na final B na proba VL3 C1 200m de paracanoe cun tempo de 52.54 o que coloca ao padexeiro de Rianxo como 10.º na posición global desta proba nos seus segundos Xogos Paralímpicos. Con esta competición finalizou a súa participación en París 2024. Para chegar a esta final B disputou as […]
Araceli Menduiña – Paracanoe – KL3 – K1 200 m – Final A – 4.ª Diploma
Araceli Menduiña quedou a tan só 14 centésimas da medalla de bronce na final A do KL3 K1 200m. A deportista de Cangas acada un diploma nos seus primeiros Xogos Paralímpicos facendo un tempo de 48.93 na final na que foi 4.ª clasificada. Nas semifinais a padexeira de Cangas foi segunda na súa quenda cun […]
Judith Rodríguez – Esgrima en cadeira de rodas – Categoría A – Espada – Repesca rolda 2 – 10.ª
A tiradora viguesa Judith Rodríguez competiu na Categoría A. A galega non puido superar na repesca 2 a Chui Yee Yu de Hong Kong (China) que se impuxo por un marcador de 15-11. Judith Rodríguez remata a competición en 10.º lugar Estos son os seus primeiros Xogos Paralímpicos. Podes consultar a ficha da competición nesta […]
Araceli Menduiña – Paracanoe – KL3 – K1 200 m – Semifinais – Pasa á final A
Nas semifinais do KL3 K1 200m Araceli Menduiña acadou o pase á Final A que se disputará hoxe ás 12:15 h. A padexeira de Cangas foi segunda na súa quenda cun tempo de 49.48. Previamente, finalizaba 3.ª a súa serie en paracanoe na categoría KL3 na distancia de K1 200m cun crono de 49.69 pasando a […]
Adrián Mosquera – Paracanoe – VL3 – C1 200 m – Semifinais – Final B
O padexeiro de Rianxo Adrián Mosquera compite en paracanoe na categoría VL3 e disputará a final B na proba VL3 C1 200m de paracanoe. Nas semifinais foi cuarto cun tempo de 50.74 que o coloca na final B que se disputará hoxe ás 12:33 h. Estos son os seus segundos Xogos Paralímpicos. Consulta aquí a […]
Judith Rodríguez – Esgrima en cadeira de rodas – Categoría A – Espada – Cuartos de final – Vai á repesca 2
A tiradora viguesa Judith Rodríguez non puido vencer en cuartos de final de espada na categoría A de esgrima en cadeira de rodas á chinesa Yuandong Chen. O resultado foi 15-7 para a asiática. Agora Judith competirá na repesca 2 contra Chui Yee Yu de Hong Kong (China). Será hoxe a partir das 14:10 h. Estos […]
Martín de la Puente – Tenis en cadeira de rodas – Individual – Partido polo bronce – 4.º Diploma
Martín de la Puente remata o seu concurso en París 2024 cun 4.º lugar no cadro individual ao non superar ao arxentino Gustavo Fernández no partido da loita polo bronce (1-6 e 2-6). É a primeira vez que un español chega á loita polas medallas nuns Xogos Paralímpicos no tenis en cadeira de rodas polo […]
Vicky Alonso Vilariño – Baloncesto – Partido polo 7.º e o 8.º posto – España vs Xapón (55-72) – Diploma
A selección española de baloncesto en cadeira de rodas finaliza a competición nos Xogos Paralímpicos de París 2024 cunha derrota 55-72 ante Xapón. Con España xogou a galega Vicky Alonso Vilariño. Os resultados ao final de cada período foron: 20-13 18-13 12-18 22-11 O combinado español finaliza no 8.º posto a competición e acada diploma. […]
Juan Antonio Saavedra – Tiro olímpico – R6 50m rifle aire tendido SH1 – Final – Diploma
Os de París serán os 6.º Xogos Paralímpicos para Juan Antonio Saavedra que compite no tiro olímpico en rifle de aire tendido en varias modalidades. Nesta ocasión, o pontevedrés competiu na final do R6 50m rifle aire tendido SH1, conseguindo un diploma ao finalizar a proba en 4.ª posición cunha puntuación de 206.5. Os […]
Martín de la Puente – Tenis en cadeira de rodas – Dobres – Loita polo bronce – Bronce
Vitoria histórica no partido que decidía o terceiro lugar no podio no cadro de dobres do tenis en cadeira de rodas e que se decantou do lado español nos Xogos Paralímpicos de París 2024. O triunfo outorga a medalla de bronce en dobres á parella formada polo galego Martín de la Puente e o madrileño […]