Aros olímpicos na Torre Eiffel / EFE / EPA / ANDRE PAIN
Aros olímpicos na Torre Eiffel / EFE / EPA / ANDRE PAIN

Que é Galicia Olímpica

Galicia Olímpica é un espazo dixital dedicado a visibilizar as figuras das e dos deportistas galegos/as que van competir nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024.

Atletismo, piragüismo, natación, judo, balonmán, baloncesto, tríatlon, remo ou vela son algunhas das disciplinas nas que hai representación galega. 

Tal e como xa se fixo en Toquio 2020, neste espazo dixital atoparás unha ficha de cada un deles para coñecelos mellor, de onde son, cando naceron, o seu palmarés máis relevante, e tamén a disciplina e as probas nas que van competir. 

Se queres consultar o histórico dos anteriores Xogos navega polo apartado Toquio 2020 do menú. 

No apartado de entrevistas pódense ler conversas nas que afondar na súa traxectoria como deportistas e nas súas arelas de cara aos Xogos de París 2024.

Finalmente, no apartado de calendario detállanse os días e horas de competición de cada proba á que se enfrontarán estes homes e mulleres que durante os últimos anos loitaron por unha praza nesta competición, por vivir o soño olímpico.

Compartir en