- Traballouse moi ben nos últimos anos en materia de igualdade.
- É importante dotar de ferramentas a muller que sofre malos tratos para poida superar esa situación.
Javier Gómez Noya chega aos seus terceiros xogos olímpicos quitándose a rabia de perderse Río. Estivo en Londres, onde foi prata olímpica, e en Pekín. Acumula once medallas nos Campionatos do Mundo de Tríatlon entre os anos 2007 e 2019.
Nun deporte tan disciplinado e metódico como o tríatlon, como afecta, tanto a nivel físico como psicolóxico, preparar uns XX.OO. precedidos por unha pandemia mundial
Preparar uns xogos sempre é complicado porque queres chegar no teu mellor momento. A incerteza estivo máis no inicio da pandemia, era algo descoñecido e non sabías se adestrar duro ou non, en vistas a se se ían a celebrar os xogos finalmente. Unha vez confirmado o adiamento, todo tivo máis sentido e foi máis fácil facer planificacións respecto diso.
Conseguir o ouro en Tokyo sería poñer a guinda ao pastel dunha exitosa carreira, pensas moito niso?
Penso en estar o mellor posible, ao meu mellor nivel. Sempre que participo en calquera competición, o meu obxectivo é loitar pola vitoria, e neste caso, é o mesmo. Por encima de todo valoro a traxectoria da miña carreira como tal, non unha competición e/ou vitoria por encima doutra.
Ata que punto poden afectar a calor e a humidade de Tokio na carreira? Cres que este aspecto pode igualar dalgunha forma as cousas entre todos os aspirantes?
A calor e a humidade fará que os ritmos non sexan especialmente rápidos, sobre todo na carreira a pé. Máis que igualar, o que fai é que o deportista que rende ben en condicións de calor, ten algo de vantaxe fronte ao que non.
Cres que aínda queda camiño por percorrer na igualdade entre homes e mulleres no deporte?
Traballouse moi ben neste aspecto nos últimos anos. Se miras a nivel internacional hai certos países que esa igualdade aínda non existe.
Cal é a estado saúde ao tríatlon galego? Ves algún futuro talento que poida chegar a ser o relevo de Gómez Noya?
Galicia sempre tivo moita tradición triatlética e así segue sendo. Ninguén ten que ser o meu relevo, senón ser un mesmo. Antonio Serrat xa demostrou que está nun nivel impresionante e é unha realidade.
Que diferenza ao Gómez Noya que gañou a prata en Londres hai case 10 anos do que está agora en Tokyo?
Obviamente a idade non pasa en balde para ninguén. Agora son un deportista con máis experiencia, aínda que quizais a nivel físico perdín un pouco de punta de velocidade.
Fuches unha das persoas que participou na campaña NON da Xunta de Galicia contra a violencia de xénero, que valor cres que teñen este tipo de iniciativas á hora de concienciar a xente
Toda acción relacionada con este asunto merece a pena participar, é importante dotar de ferramentas a muller que sofre malos tratos para poida afrontar e superar esa situación. Canto maior concienciación social exista, máis fácil será poder acceder á raíz do problema como sociedade.