Gustavo Rodríguez
Gustavo Rodríguez

Gustavo Rodríguez: “É un regalo poder estar en Tokyo 2020 e aproveitar estes minutos de desconto da miña carreira deportiva”

  • “Chegamos como Campións do Mundo e isto sitúanos como uns dos tándems que poden pelexar por medalla. Tanto Héctor coma min estamos preparados e coa mentalidade de gañar”, di o triatleta.
  • “A auga estará moi quente rondando os 29 graos. Nadaremos sen neopreno e teremos que estar adaptados a esta temperatura tan alta. Ao saír da auga tamén teremos unhas condición difíciles con 33 graos e 70% de humidade no aire”, advirte o guía Gustavo Rodríguez.
  • “Cada vez vemos máis mulleres triatletas. Queda camiño por percorrer pero o tríatlon e paratríalton en materia de igualdade é un exemplo para seguir para o resto de deportes”, sinala.

“Como unha oportunidade nos minutos de desconto”, así é como define Gustavo Rodríguez a súa presenza nestes Xogos Paralímpicos de Tokyo 2020 xunto a Héctor Catalá. O de Tui é, sobre todo, un deportista tenaz, capaz de reinventarse cantas veces sexa necesario e cunha capacidade única de tolerar o sufrimento. Exciclista profesional que acabou atopando o seu sitio no tríatlon para ser campión do Mundo xunto a Héctor fai uns meses en Besançon. Agora, na recta final da súa carrera, o galego afronta este reto como un agasallo para poñer o broche de ouro a unha gran carreira profesional acudindo a Toquio como guía de tríatlon.

Gustavo Rodríguez / IG GUSTAVO RODRÍGUEZ
Gustavo Rodríguez / IG GUSTAVO RODRÍGUEZ

É a primeira vez que compites nuns Xogos Paralímpicos, prepáranse dalgunha forma especial ou a preparación é similar a outro campionato?

A preparación dos xogos paralímpicos é a guinda do pastel. Ao final isto é unha preparación que levamos facendo desde fai 3 anos cando comecei a traballar con Héctor. Desde o comezo Tokyo 2020 sempre foi o noso obxectivo e trazamos un plan de preparación a dous anos vista, que logo polo tema do COVID foron tres.

Tras unha dura preparación preséntase ante nós unha oportunidade moi fermosa de estar pelexando polas medallas nuns xogos olímpicos e, por iso, temos que dar o noso mellor nivel na preparación previa para estar na liña de saída cos deberes feitos.

Héctor e ti chegades nun gran estado de forma tras ser campións da Copa do Mundo de Paratríatlon de Besançon, que aspiracións tedes para estes xogos?

Chegamos como campións do Mundo e isto sitúanos como uns dos tándems que poden pelexar por medalla. Tanto Héctor coma min estamos preparados e coa mentalidade de gañar.

Ben é certo que os ingleses están a un gran nivel e quizais algo por riba do resto, pero xa lles gañamos unha vez e porque non volvelo a facer agora en Tokyo 2020.

Nótase que este ano o nivel está moi alto e subiu con respecto a outras tempadas por iso creo que nos pequenos detalles estará a diferencia e a disputa das medallas.

Os dous chegamos tranquilos por saber que fixemos un gran traballo previo e coa tensión necesaria porque somos conscientes que o traballo non asegura o resultado.

Gustavo Rodríguez / IG GUSTAVO RODRÍGUEZ

Que te achegou o deporte e en concreto ser guía paralímpico de Héctor na túa vida?

A oportunidade de alargar un pouquiño máis a miña vida deportiva. Ata os 30 anos fun ciclista profesional e logo pasei ao tríatlon coa mentalidade de chegar ao mundial de Pontevedra con 40 ano.

Xusto un ano antes chegou a proposta de Héctor e como o corpo estaba a responder e tiña bon rendemento, quixen aproveitar a oportunidade de competir xunto a Héctor. É un agasallo poder estar en Tokyo 2020 e aproveitar estes minutos de desconto da miña carreira deportiva.

Como é pasar de preparar unha competición individual a outra en tádem e sendo guía de Héctor?

A maneira que temos nós de ver a categoría non é tanto a dun deportista que guía a outro. Temos a visión de que somos dous deportistas de elite que temos que render ao máximo. Temos unha parte moi importante que son adestramentos conxuntos para estar compenetrados e coordinados.

Pero tamén sendo conscientes de que somos dous deportistas diferentes e temos que seguir unha planificación diferente unha da outra. Traballamos por separado as nosas necesidades persoais e logo facemos sesións conxuntas.

A arte de conxugar o rendemento de dúas persoas e poñelas a traballar coma se fosen só unha persoa.

Gustavo Rodríguez / IG GUSTAVO RODRÍGUEZ
Gustavo Rodríguez / IG GUSTAVO RODRÍGUEZ

As condicións climáticas en Tokyo xogarán un papel importante en moitas disciplinas, como afectará á vosa proba?

A auga estará moi quente rondando os 29 grados. Nadaremos sen neopreno e teremos que estar adaptados a esta temperatura tan alta. Ao saír da auga tamén teremos unhas condición difíciles con 33 grados e 70% humidade no aire.

Estamos intentando aclimatarnos tanto en rodillo como en cinta para chegar o mellor posible á proba.

Estes XXPP son a proba máis ilusionante da túa carreira?

Cada etapa ten os seus fitos. Cando empecei no ciclismo poder pasar a profesional foi unha etapa moi bonita e un obxectivo cumprido. Poder competir nunha volta a España, as primeiras vitorias de estrada como profesional e logo poder competir en mundiais de tríatlon é algo que nunca esquecerei.

Pero sen dúbida, un dos fitos máis importantes serán estas paraolimpíadas. Estar aquí con 42 anos é un agasallo moi bonito. Espero que á volta poida dicir que sexa unha das mellores experiencias da miña vida e poida gardalo no corazón como un momento único.

Agora quero que todo salga ben e coidar os detalles para chegar ao 100%, pero seguro que lembrarei estes Xogos Paralímpicos o resto da miña vida.

Gustavo Rodríguez / IG GUSTAVO RODRÍGUEZ
Gustavo Rodríguez / IG GUSTAVO RODRÍGUEZ

Cres que hai igualdade no deporte paralímpico?

En xeral estase avanzando bastante. É certo que nos deportes maioritarios, a categoría masculina move máis que a feminina, xa que ten maior repercusión económica e social. Aínda así, esperemos que esa tendencia cambie pronto.

Tamén é certo que, en deportes máis minoritarios coma o noso, cada vez estase igualadando máis. O tríatlon é un deporte con moita igualdade.

Esperemos que moi pronto poidamos ter o mesmo nivel de participación, cada vez vemos máis mulleres triatletas. Queda camiño por percorrer pero o tríatlon e paratríatlon en materia de igualdade é un exemplo para seguir para o resto de deportes.

Compartir en