Francisco Garrigós nos XX.OO. de Toquio
Francisco Garrigós nos XX.OO. de Toquio

Francisco Garrigós: “Algunha vez pensei en deixalo, pero iso sería o doado”

  • Creo que ao final apréndese máis das derrotas que das propias vitorias
  • O judo é un deporte no que hai bastante igualdade entre o judo feminino e o judo masculino

O judoka Francisco Garrigós (Mostoles, 1994) ostenta na actualidade o título de campión de Europa no seu peso (-60 Kg). Son para el os seus segundos xogos olímpicos dado que xa estivo en Río 2016.

Empezaches no judo sendo moi novo, coma un xogo. En que momento sentiches que comezaba a ser algo máis?

Desde pequeno sempre soñei con sacar unha medalla nos Xogos Olímpicos e nun campionato do mundo. Acórdome de ir á escola e preguntarlle a meu pai se ese día tocaba facer judo e, se non tocaba, enfadábame porque me gustaba ir.

Francisco Garrigós nos XX.OO. de Tokyo
Francisco Garrigós nos XX.OO. de Tokyo

Houbo algún momento no que pensases en deixalo? Se é así, que ou quen te animaron a seguir?

Algunha vez si que pensei en deixalo, sobre todo despois dunha competición que se deu mal, pero creo que iso sería o fácil, deixalo. Ao final iso pénsalo un día e ao día seguinte estás pensando en adestrar e mellorar o porqué perdiches e segues adestrando con máis ganas.

Malia que nos Xogos de Río finalmente non puido ser, seguro que contas cun gran recordo deles. Que aprendizaxe che aportaron de cara aos de Tokio?

Creo que ao final se aprende máis das derrotas que das propias vitorias.

Fisicamente adestraches duro ao longo da túa carreira, pero estes últimos meses, debido á situación sanitaria, non foron os máis sinxelos. Como te preparas mentalmente para a competición?

Por sorte nós só estivemos parados durante o confinamento. Seguimos adestrando con esta situación máis ou menos con normalidade, unicamente con grupos reducidos.

En canto á parte psicolóxica tamén temos un psicólogo deportivo, Pablo del Río, que nos axuda en todas estas situacións.

“Se gañase a medalla tería pensado en meus pais, na miña familia, no meu adestrador, Quino, e en todas as persoas que me axudan do equipo a conseguir os logros”

En que ou quen cres que pensarás se gañas a medalla?

Se gañase a medalla tería pensado en meus pais, na miña familia, no meu adestrador, Quino, e en todas as persoas que me axudan do equipo a conseguir os logros.

No judo prima a técnica sobre a forza. Aínda así, cres que o judo feminino se subestima con respecto ao masculino ou respírase igualdade?

Non, creo que o judo é un deporte no que hai bastante igualdade entre o judo feminino e o judo masculino.

Francisco Garrigós no Mundial de 2021 - Mayorova Marina - INTERNATIONAL JUDO FEDERATION
Francisco Garrigós no Mundial de 2021 – Mayorova Marina – INTERNATIONAL JUDO FEDERATION

Tes algunha judoka que sexa referente para ti ou que che axudase ao longo da túa carreira?

Como judoka non teño ningún referente, senón que me gusta coller cousas de uns e outros para adaptalo ao meu judo.

Compartir en