Francisco Garrigós nos XX.OO. de Toquio
Francisco Garrigós nos XX.OO. de Toquio

Fran Garrigós: “Os Xogos Olímpicos son unha competición máis, temos que esquecernos do resultado e centrarnos en todo o que dependa de nós”

  • “Chego a París con moitas ganas, en Río aínda era moi novo e en Toquio agardaba algo máis. Agora chego na miña mellor forma”.
  • “Despois dos Xogos Olímpicos de París tomarei unha decisión sobre se sigo competindo ou non”.

 

Desde moi cedo Fran Garrigós (Móstoles, 1994) atopou no judo un xeito de canalizar a gran enerxía que o caracteriza. O neno criado ao sur de Madrid sempre tivo como soño chegar á elite, mais non á do judo, senón á do fútbol.

Hoxe, 26 anos despois de que os seus pais decidisen anotalo a judo con tan só catro anos para que aquel neno inquedo puidese descargar todo o seu dinamismo, Fran Garrigós é campión mundial e pon as súas miras en subirse ao trono do judo mundial lucindo o ouro olímpico no seu pescozo.

Discípulo de Quino, ao igual que outros moitos dos grandes judokas estatais, Fran Garrigós conta cun excelso palmarés con metais en todas as categorías e prazas. Non obstante, malia estes éxitos, na súa mente só resoa unha palabra: París.

Francisco Garrigós no Mundial de 2021 - Mayorova Marina - INTERNATIONAL JUDO FEDERATION
Francisco Garrigós no Mundial de 2021 – Mayorova Marina – INTERNATIONAL JUDO FEDERATION

– Primeiro de todo, como foron os teus comezos no judo?

Empecei con catro anos. Era un neno traste e meus pais anotáronme en judo a ver se cansaba un pouco. Desde pequeno gustoume este deporte, agardaba con ansia saír do colexio para poder practicalo, e os días que non podía anoxábame.

– Chegas a París con espírito de desquite logo dos resultados de Río e Toquio? 

Chego con moitas ganas. En Río aínda era moi novo pero en Toquio agardaba algo máis. O certo é que agora chego na miña mellor forma logo de sacar o ouro no Campionato do Mundo e no Europeo. Teño moitas ganas de facer un bo papel.

– Concibes París como o derradeiro tren para gañar un ouro olímpico ou tes os Xogos Olímpicos dos Ánxeles no teu horizonte?

A día de hoxe non sabería dicir, si que é certo que despois de París tomarei un tempo de vacacións e á volta aos adestramentos decidirei se quero seguir competindo ou non.

Francisco Garrigós / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE JUDO
Fran Garrigós / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE JUDO

– No judo hai un gran equilibrio entre o factor físico e o factor psicolóxico. Cal é a clave para manterse na elite tantos anos?

Neste sentido si que é certo que o judo é un deporte moi completo que exixe estar ben en todos os aspectos. Cando es novo estás en moi boa forma física, pero falta certa madurez no tatami para saber como levar o combate ao teu terreo. Durante cada etapa hai que ir xogando cos puntos fortes.

Fran Garrigós / EFE CHEMA MOYA
Fran Garrigós / EFE CHEMA MOYA

Fran Garrigós: “Traballo con psicólogo hai moitos anos”

– Cal é o grao de preparación mental para afrontar unha cita como uns Xogos Olímpicos?

Alto. Eu traballo con psicólogo, con Pablo del Río, con quen levo traballando moitos anos. Ao fin e ao cabo os Xogos Olímpicos son un campionato máis, os mesmos rivais e o mesmo sistema. Dámoslle máis importancia porque é cada catro anos e porque ten un gran seguimento dos medios, isto fai que aumente a presión. Temos que esquecernos do resultado e centrarnos do que depende de nós dentro do tatami para levar a vitoria.

Francisco Garrigós / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE JUDO
Fran Garrigós / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE JUDO

– Despois de tantos éxitos, mantén Fran Garrigós a ilusión do primeiro día?

Si, ao final é moi importante traballar con obxectivos tanto a longo prazo como diarios para poder ser mellores pouco a pouco.

 

Equipo español de judo en París 2024 / EFE CHEMA MOYA
Equipo español de judo en París 2024 / EFE CHEMA MOYA

 

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Judo España (@rfejyda)

Compartir en