Vicky Alonso – Baloncesto en cadeira de rodas – Estados Unidos vs España
O primeiro partido paralímpico para a nosa galega Vicky Alonso chegará o 26 de agosto ás 10:00 horas, coa Selección Española de baloncesto en cadeira de rodas xogando ante Estados Unidos no Ariake Arena na ronda preliminar do Grupo B.
A Selección de Estados Unidos foi mellor ca de España (68-34) no debut do baloncesto feminino en cadeira de rodas. Os tanteos por cuartos foron: 18-11 / 14-9 / 21-11 / 15-3. A deportista galega Vicky Alonso xogou 18 minutos e anotou 4 puntos