Vicky Alonso – Baloncesto en cadeira de rodas – España vs Alemaña – Cuartos de final
A Selección de España de baloncesto feminino en cadeira de rodas alcanza os cuartos de final nos que xogará no Ariake Arena ás 8:00 horas contra a Selección de Alemaña. No combinado español está a galega Vicky Alonso.
Alemaña foi superior a España nos cuartos de final nos que acadaron un tanteo de 57-33. O resultado por cuartos foi: 16-13 / 8-6 / 19-5 e 14-9.
O seguinte partido das españolas será nos play-offs de clasificación polo 7º e 8º posto. Será o xoves 2 de setembro ás 8:00 horas.