Vicky Alonso – Baloncesto – Cuartos de final – Países Baixos vs España (61-43)
A selección española de baloncesto competía desta volta contra Países Baixos coa galega Vicky Alonso Vilariño defendendo a elástica de España co número 13 nas costas e loitando por seguir na competición neste partido de cuartos de final. O combinado español buscaba a súa primeira vitoria nestes Xogos Paralímpicos de París 2024 pero non puido ser. Foi o seu mellor partido no que vai de competición pero finalmente España caía nos cuartos de final ante Países Baixos por un marcador de 61-43.
Os resultados por cuartos foron:
- 17-13
- 11-12
- 15-11
- 18-7
A selección española, na que xoga a deportista viguesa Vicky Alonso Vilariño, xogará desde agora polos postos entre 5.º e 8.º.