Teresa Portela – Carolina García – Sara Ouzande – Piragüismo – K4 500 m – series – Pasan á Final A
Empeza forte nas series clasificatorias para o barco no que compiten as padexeiras Sara Ouzande (Xixón, 1996), Estefanía Fernández (Mérida, 1996), Carolina García Otero (Pontevedra, 1999) e Teresa Portela (Cangas, 1982). Son un cuarteto que aspira a todo e que chega moi afinado ao momento cumio do ciclo olímpico. Nas series pasaron directamente á final A que terá lugar o 8 de agosto. Loitarán polas medallas como segundas da primeira quenda cun tempo de 1:32.92. O barco de Nova Zelanda foi primeiro cun tempo de 1:32.40.