Teresa Abelleira en Riazor coa Selección Española / WYKAZSZKOWSKI

Teresa Abelleira – Fútbol – España vs Xapón (2-1)

Arrincou a Vermella nestes Xogos Olímpicos de París 2024 xogando contra a selección nipona. Nas filas da Selección Española que adestra Montse Tomé está a pontevedresa Teresa Abelleira.

As futbolistas de Espana celebran un gol / EFE MIGUEL TOÑA
As futbolistas de Espana celebran un gol / EFE MIGUEL TOÑA

O debut da Selección Española de fútbol feminino nuns XX.OO. con triunfo ao vencer a Xapón 2-1 no seu primeiro partido en París 2024. O encontro, pertencente ao Grupo C, disputouse no Estadio da Beaujoire de Nantes.

A galega Teresa Abelleira non saía de inicio pero saltaba ao terreo de xogo no minuto 81 substituíndo a Patri Guijarro na posición de pivote.

GOLES:

  • 0-1 Aoba Fujino
  • 1-1 Aitana Bonmatí
  • 2-1 Mariona Caldentey

A seguinte cita de España é ante Nixeria o vindeiro domingo 28 ás 19:00 horas.

Podes consultar toda a ficha técnica do partido nesta ligazón á web oficial dos Xogos Olímpicos.

Especialidade:

Data

Xul 25 2024
Eventos pasados

Hora

17:00