Teresa Abelleira – Fútbol – España vs Colombia – Cuartos de final – (4-2 penalties)
Nos cuartos de final España medíase a Colombia coa galega Teresa Abelleira. O combinado que adestra Montse Tomé chega a semifinais ao impoñerse na quenda de penaltis (4-2).
O pase a semifinais da Selección Española de Fútbol decidiuse desde os 11 metros. España empataba 2-2 despois da prórroga coa presenza de Teresa Abelleira no campo.
Empezou por detrás no marcador o equipo español que remontaba ata igualar o encontro no tempo engadido e forzaba a prórroga na que o marcador non se moveu.
Colombia adiantouse no marcador ás españolas no minuto 12 de xogo con gol de Mayra Ramírez. Co 0-1 chegouse ao descanso.
Teresa Abelleira entrou no minuto 51 por Patri Guijarro. Ao pouco Colombia anotaba o segundo por medio de Leicy Santos foi no minuto 52 (0-2). Jenny Hermoso reducía distancias no marcador 1-2 no minuto 78.
Pero foi Irene paredes, no tempo engadido, a futbolista que empataba o partido poñendo o electrónico 2-2 e forzando unha prórroga na que non houbo goles.
Así foi a quenda de penalties:
- 0-0 Cata Coll parou o primeiro penalti a Usme
- 1-0 Mariona anota para España
- 1-1 Vanegas anota para Colombia
- 2-1 Eva Navarro marca para España
- 2- Salazar erra enviando o balón fóra
- 3-1 Salma Paralluelo anota para España
- 3-2 Carabalí marca para Colombia
- 4-2 Aitana Bonmatí para España