Tariku Novales – Atletismo – Maratón – 68.º
Na proba do maratón o atleta galego Tariku Novales finalizou a competición no posto 68.º cun tempo de 2:25:50 asinando a súa mellor marca da tempada..
Foi un recorrido duro polas pendentes con subidas e baixadas contra do quilómetro 30 que xusto é chave no maratón, como xa se comentara.
Ademais correuse rápido, non só pola marca de Tariku Novales tamén polos deportistas que o precederon. O gañador, o etíope Tamirat Tola, bateu o récord olímpico rematando a distancia con 2:06.26.
O corredor galego Tariku Novales afrontaba os seus 1.º Xogos Olímpicos sabendo que o recorrido é complicado.
Ostenta o récord de España da modalidade cun tempo de 2h 05’ 48’’ acadado na Maratón de Valencia no 2023.