Támara Echegoyen – Vela – Regatas 4-5-6
Segunda quenda de 3 regatas en Marsella para Támara Echegoyen e Paula Barceló na clase 49erFX.
A parella formada por Támara Echegoyen e Paula Barceló conseguiu mellorar os resultados da xornada anterior, rematando a cuarta regata na posición 12.ª, a quinta na 4.ª e a sexta na 18.ª. No global da competición pasan a ocupar a posición 17.ª con 63 puntos.
Na cuarta regata finalizazon na posición 12.ª.
Na segunda das regatas da segunda xornada de competición para os 49erFX Támara Echegoyen e Paula Barceló alcanzaron a 4.ª posición.
Na última regata do día, a sexta, a parella rematou en 18.ª posición.
Finalizan así a segunda xornada de competición no posto 17.º na xeral con 63 puntos.