Támara Echegoyen será olímpica en París 2024 na clase 49erFX / SAILING ENERGY

Támara Echegoyen – Vela – Regatas 1-2-3

Primeira quenda de 3 regatas para Támara Echegoyen no 49erFX no campo de regatas de Marsella xunto a Paula Barceló.

Non arrincaron con bo pé a competición Támara Echegoyen e Paula Barceló no 49erFX. Remataron a primeira regata na posición 19.ª, a segunda 15.ª e 14.ª na terceira. No global da competición ocupan a posición 19.ª con 29 puntos ao desbotar do cómputo a regata inicial.

Remataron a primeira regata na posición 19.ª

Na segunda das regatas da primeira xornada de competición o barco español que ten ao temón á galega  rematou en 15.ª posición.

Na última regata da primeira xornada de competición para os 49erFX Támara Echegoyen e Paula Barceló alcanzaron a 14.ª posición.

Finalizan así a primeira xornada de competición no posto 19.ª na xeral ao desbotar o 19.º da regata inicial.

Especialidade:

Data

Xul 28 2024
Eventos pasados

Hora

12:35