Támara Echegoyen – Vela – 49er FX – Medal Race
O gran día para Paula Barceló e a galega Támara Echegoyen adíase polas condicións meteorolóxicas. A partir das 7.33 horas do martes 3 de agosto loitarán polas medallas na Medal Race de Tokyo 2020. Será no campo de regatas de Enoshima. Acceden a esta Medal Race en cuarta posición.
O equipo de españolas mantívose na cuarta posición, estando a piques de entrar no podio, ao quedar a só un punto do bronce. Con este resultado, Echegoyen e Barceló volven a casa cun diploma olímpico baixo o brazo.