Támara Echegoyen – Vela – 49er FX – Mangas 7-9
Xunto a Paula Barceló, a ourensá Támara Echegoyen compite o 30 de xullo abordo do 49er FX as mangas 7, 8 e 9.
Na primeira regata, a galega e a súa compañeira remataron en 13ª posición, a 3:06 das gañadoras, as brasileiras. Na oitava carreira dos Xogos, as españolas lograron subir á cuarta posición, a 0:49 das arxentinas. Na última manga da xornada, Echegoyen e Barceló foron quintas, a 2:07 das polacas.
Con estes resultados, o 49er FX español é o segundo clasificado na táboa xeral, só por detrás das holandesas, cun total de 64 puntos.