Támara Echegoyen – Vela – 49er FX – Mangas 1-3
A ourensá Támara Echegoyen afronta os seus terceiros xogos olímpicos logo de competir en Londres, onde obtivo o ouro na clase Elliot 6m xunto a tamén galega Sofía Toro e a asturiana Ángela Pumariega. Foi 4ª nos XX.OO. de Río competindo xa na clase 49er FX (xunto a Berta Betanzos) coa que está clasificada para Tokyo 2020. Nesta ocasión, fai parella sobre o barco con Paula Barceló.
Na xornada do 27 de xullo afrontan as tres primeiras mangas.
Na primeira regata, as españolas demostraron a súa condición de favoritas rematando segundas. Pero a xornada complicouse na segunda manga, ao envorcar a embarcación, tendo que remontar ata a décima posición. Tras o transcurso da terceira regata, Echegoyen e Barceló marchan oitavas.