
Susana Rodríguez Gacio – Tríatlon – Final
A gran triatleta Susana Rodríguez Gacio buscará superar o seu diploma obtido en Río 2016 na nova edición dos Xogos Paralímpicos, a de Tokyo 2020. A galega competirá na modalidade PTVI de tríatlon o sábado 28, desde as 01:31 horas. Toda a competición desta categoría celebrarase no mesmo día no Odaiba Marine Park.
Ouro para Susana Rodríguez Gacio e Sara Loehr. Remataron a proba nun tempo de 1:07:15 repartidos en 12:29 para a natación, fixo a transición da bicicleta á carreira cando o crono marcaba 46:19 e rematou a proba, como deciamos en 1:07:15. A segunda parella de triatletas, a italiana Anna Barbaro e a súa guía Charlotte Bonin, chegaron 3:56 despois a meta. Polo que a superioridade da galega foi enorme.
