Susana Rodríguez Gacio – 1.500m T11- Final
Susana Rodríguez e o tamén galego Celso Comesana acadaron a clasificación para correr a final nos 1.500 m de atletismo T11. So coa participación na quenda eliminatoria xa fixo historia. Susana Rodríguez Gacio é a primeira deportista española que compite nuns mesmos Xogos Paralímpicos en dúas disciplinas diferentes (tríatlon e atletismo).
O acceso á carreira final conseguiuno o dúo galego sendo segundo na súa quenda clasificatoria cun tempo de 4:51.38 que é, ademais, a súa mellor marca persoal
A final está fixada para o vindeiro luns 30/8/21 ás 2:38 horas.
Quinto posto e Diploma paralímpico para Susana e Celso na final do 1.500m T11 de Tokyo 2020 cun tempo de 4:52.67. A final foi a máis rápida da historia. A mexicana Mónica Oliva Saavedra, ouro, bateu o récord do mundo cun crono de 4:37.40!