
Susana Rodríguez Gacio – 1.500m T11- Eliminatoria
Susana Rodríguez Gacio fará historia competindo, ademais de no tríatlon, nos 1.500 metros de atletismo, converténdose na primeira española en estar en dous deportes distintos nunha mesma edición dos Xogos.
A galega correrá polo pase á final o 29 de agosto. Hai dúas quendas, a primeira ás 2:39 horas e a segunda ás 2:50 h. A final será ás 2:38 horas.
A decisión de competir ou non a tomará a deportista viguesa logo da súa participación o día antes no concurso de tríatlon. Dependendo dos folgos que lle queden, Susana Rodríguez podería chegar a desistir de tomar a saída nesta proba. Coñecéndoa, seguro que buscará as forzas para estar xunto ao seu guía Celso Comesaña nesta distancia.
Susana Rodríguez Gacio aumenta a súa lenda. Logo do ouro en tríatlon, esta madrugada, co tamén galego Celso Comesana, lanzouse a competir nos 1.500 m de atletismo T11. O dúo galego foi segundo na súa quenda clasificatoria cun tempo de 4:51.38 (mellor marca persoal).
Estarán na final do vindeiro luns 30/8/21 2:38h
Consulta aquí a relación de marcas da serie

Valencia 2019 – COE