Rodrigo Corrales – Balonmán – España vs Eslovenia (25-22)
Estes son os segundos Xogos Olímpicos para o cangués Rodrigo Corrales, un dos porteiros da Selección Española en París 2024.
Os Hispanos vencen a Eslovenia por un tanteo de 25-22 no seu primeiro partido destes Xogos Olímpicos.
Foi un partido duro, intenso e traballado do equipo no que milita o cancerbeiro galego Rodrigo Corrales. Unha remontada con vitoria de España neste encontro do Grupo A.