Rodrigo Corrales / EFE EPA YAHYA ARHAB

Rodrigo Corrales – Balonmán – España vs Eslovenia – Bronce (23-22)

España acada a medalla de Bronce no balonmán ao vencer á selección de Eslovenia pola mínima (23-22) co gardameta galego Rodrigo Corrales no equipo.

Rodrigo Corrales no banco da Selección Española de balonmán / EFE EPA ALEX PLAVEVSKI
Rodrigo Corrales no banco da Selección Española de balonmán / EFE EPA ALEX PLAVEVSKI

Unha vez máis foi un partido marcado pola igualdade no marcador. Chegouse ao descanso 12-12. No segundo tempo o parcial foi de 11-10 o que deu o triunfo aos Hispanos neste partido da loita polo bronce nos Xogos Olímpicos de París 2024

A selección española xa pasara as semifinais superando por un gol a Alemaña 25-24. En cuartos de final vencera a Exipto tamén por un gol 29-28.

Rodrigo Corrales festexa o bronce da Selección Española de balonmán / EFE EPA ALEX PLAVEVSKI
Rodrigo Corrales festexa o bronce da Selección Española de balonmán / EFE EPA ALEX PLAVEVSKI

Na rolda preliminar, a selección española estivo competindo no Grupo A, gañou a Eslovenia (o seu rival na loita polo bronce) por 25-22, caeu con Suecia 29-26, impúxose a Xapón 37-33, caeu derrotada ante Alemaña por 33-31, e gañou a Croacia 32-31.

Especialidade:

Data

Ago 11 2024
Eventos pasados

Hora

09:00