Rodrigo Corrales / EFE EPA YAHYA ARHAB

Rodrigo Corrales – Balonmán – España vs Croacia (32-31)

A Selección Española de balonmán pechaba o seu concurso na rolda preliminar dos Xogos de París 2024 medíndose contra Croacia. Nas filas dos Hispanos, o porteiro de Cangas Rodrigo Corrales.

España pasa a cuartos de final dos Xogos de París 2024 ao vencer nun final agónico a Croacia 32-31 no seu último partido desta fase no Grupo A. Os Hispanos, nos que milita Rodrigo Corrales, vencían na primeira parte 20-15 e na segunda perderon 12-16.

A Selección Española de balonmán festexa o seu pase a cuartos con Rodrigo Corrales nas súas filas / EFE - MIGUEL TONA
A Selección Española de balonmán festexa o seu pase a cuartos con Rodrigo Corrales nas súas filas / EFE – MIGUEL TONA

Antes deste encontro, España sumaba dúas vitorias e dúas derrotas. Gañou a Eslovenia e Xapón, e caeu derrotada cos combinados de Suecia e Alemaña.

O seu partido de cuartos de final será o mércores 7 de agosto.

Especialidade:

Data

Ago 04 2024
Eventos pasados

Hora

21:00