Rodrigo Corrales – Balonmán – España vs Argentina
A Selección arxentina será a última rival de grupo dos Hispanos nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020. O partido está previsto para o 1 de agosto ás 7.15 hora española. O gardamallas de Cangas, Rodrigo Corrales, forma parte do combinado estatal.
Triunfo de España ante Arxentina 36-27. Con este partido finaliza a fase preliminar do Grupo A dos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 para España que remata en segundo lugar por detrás da Selección francesa.
Os Hispanos acceden a cuartos de final onde se medirán ao conxunto que finalice en terceiro lugar do Grupo B (aínda en xogo no momento de actualizar esta información). O partido será o vindeiro martes 3/8/21.