Rodrigo Conde – Remo – Dobre scull – Semifinais
A embarcación cos remeiros Rodrigo Conde Romero e Aleix García Pujolar foi segunda na primeira semifinal do dobre scull masculino, accedendo á final A cun tempo de 6:14.91.
A parella de remeiros mantívose entre os tres primeiros durante toda a proba, alternando a segunda e a terceira posición. Loitarán na final A polas medallas, tendo xa asegurado o diploma olímpico.
Tempos:
- 500m / 1:32.26 / 2º
- 1000m / 3:07.78 / 2º
- 1500m / 4:42.75 / 3º
- Finalización / 6:14.91 / 2º
A final A terá lugar o 1 de agosto a partir das 11:30 horas.