Rodrigo Conde – Remo – Dobre scull – Finais – Diploma
A embarcación cos remeiros Rodrigo Conde Romero e Aleix García Pujolar disputaba a final A do dobre scull masculino despois de clasificar na segunda posición na primeira semifinal, cun tempo de 6:14.91, mellorando o tempo que rexistraron nas series clasificatorias, onde conseguiron un tempo de 6:16.17.
Finalmente remataron en quinta posición acadando diploma olímpico. A parella de remeiros composta polo galego Rodrigo Conde Romero e o catalán Aleix García Pujolar empezaron fortes na final no dobre scull de remo pasando no 2.º posto nos primeiros 500m, pero logo foron caendo ata a 5.ª praza nos 1.000m, 1.500m e nos 2.000m.
- 500m / 1:32.70 / 2
- 1.000m / 3:09.118 / 5
- 1.500m 4:45.10 / 5
- 2.000m 6:20.59 / 5