Nico Rodríguez – Vela – 470 – Mangas 5-6
Nico Rodríguez e Jordi Xammar volven navegar no seu 470 no campo de regatas nipón o venres 30 xullo a partir das 5.05 hora española para afrontar as mangas 5 e 6.
Na primeira regata da xornada, os españois remataron 14º, a 1:32 dos vencedores, os portugueses. Na segunda, a vitoria foi para o galego Nico Rodríguez e o seu compañeiro Jordi Xammar, rematando a proba en 52:21.
Tras estas mangas, a embarcación do 470 española vai en cuarto lugar, por detrás de Australia, Gran Bretaña e Nova Zelanda.