Martín de la Puente – Tenis en cadeira de rodas – Individual – Semifinal – Pasa á loita polo bronce
Martín de la Puente está a competir no cadro individual de tenis en cadeira de rodas nos seus terceiros Xogos Paralímpicos. O rival do tenista vigués nas semifinais dos Xogos Paralímpicos de París 2024 foi o británico Alfie Hewett que se impuxo ao español 6-2 e -6-0.
O deportista galego Martín de la Puente loitará polo bronce o sábado a partir das 13:30 h dentro do cadro individual.
Alcanzou as semifinais logo de impoñerse no camiño ao arxentino Ezequiel Casco (6-2 e 6-0), ao xogador de Países Baixos Maikel Scheffers (6-2 e 6-2) e por último ao galo Stephane Houdet (6-2, 4-6 e 6-1).