Martín de la Puente – Tenis en cadeira de rodas – Individual – Partido polo bronce – 4.º Diploma
Martín de la Puente remata o seu concurso en París 2024 cun 4.º lugar no cadro individual ao non superar ao arxentino Gustavo Fernández no partido da loita polo bronce (1-6 e 2-6).
É a primeira vez que un español chega á loita polas medallas nuns Xogos Paralímpicos no tenis en cadeira de rodas polo que o vigués fixo historia nesta competición coa súa actuación nestes XX.PP. parisinos disputados nas pistas de Roland Garros.
Logo de gañar un bronce nos dobres, Martín de la Puente leva tamén no peto para casa un diploma individual que suma ao seu xa extenso palmarés.
O deportista da cidade olívica alcanzou as semifinais logo de impoñerse no camiño ao arxentino Ezequiel Casco (6-2 e 6-0), ao xogador de Países Baixos Maikel Scheffers (6-2 e 6-2), ao galo Stephane Houdet (6-2, 4-6 e 6-1) e por último en semifinais Alfie Hewettque se impuxo ao español 6-2 e -6-0.