Martín de la Puente – Tenis en cadeira de rodas – Dobres – Semifinal – Pasan a loitar polo bronce
Martín de la Puente en dobres fai parella con Daniel Caverzaschi . Xuntos superaron á parella de tenistas de Países Baixos conformada por Tom Egberink e Maikel Scheffers nos cuartos de final. Coma rivais na semifinal tiveron ao dúo de nipones composto por Tokito Oda e Takuya Miki.
Os españois non puideron superar aos xaponeses caendo derrotados por un tanteo de 7-5, 2-6 e 8-10, que dá conta do disputado que estivo o encontro.
O concurso de Martín de la Puente e Daniel Caverzaschi nestes Xogos Paralímpicos continúa na loita polo bronce no cadro de dobres.
O partido pola medalla de bronce está previsto para o venres 6 ás 12:00 h contra os galos Frederic Cattaneo e Stephane Houdet.