Martín de la Puente – Tenis en cadeira de rodas – Dobres – Loita polo bronce – Bronce
Vitoria histórica no partido que decidía o terceiro lugar no podio no cadro de dobres do tenis en cadeira de rodas e que se decantou do lado español nos Xogos Paralímpicos de París 2024.
O triunfo outorga a medalla de bronce en dobres á parella formada polo galego Martín de la Puente e o madrileño Daniel Caverzaschi.
Os españois venceron 6-4, 4-6 e 5-10 á parella francesa conformada por Frederic Cattaneo e Stephane Houdet.