Martín de la Puente – Tenis en cadeira de rodas – Dobres 2.ª rolda – Pasa á 3.ª rolda
O galego Martín de la Puente e o madrileño Daniel Caverzaschi superan á parella de Malasia conformada por Mohamad Yusshazawan Bin Yusuf e Abu Samah Borhan cun 6-2 e 6-3. Os españois avanzan así á terceira rolda no cuadro de dobres na modalidade de tenis en cadeira de rodas nestes Xogos Paralímpicos de París 2024.
Martín de la Puente e Daniel Caverzaschi enfrontaranse na terceira rolda á parella de tenistas de Países Baixos conformada por Tom Egberink e Maikel Scheffers, curiosamente este último é tamén o rival do galego no cadro individual.