María Araujo e Paula Ginzo – Baloncesto – Serbia vs España (62-70)
A Selección Española de baloncesto pechaba o seu concurso na fase de grupos, dentro do Grupo A medíndose a Serbia. En España xogan as galegas María Araujo e Paula Ginzo.
Logo da disputa deste encontro a Selección Española accede a cuartos de final destes Xogos Olímpicos de París 2024 invicta e líder do Grupo A.
España vencía a Serbia 62-70 neste último partido da fase de grupos. Os parciais por cuartos foron:
- 13-16
- 15-21
- 10-18
- 24-15
A Selección Española de baloncesto, con María Araujo e Paula Ginzo terá a súa seguinte cita o mércores 7 de agosto.