María Araujo e Paula Ginzo – Baloncesto – España vs China (90-89)
España vence ante China 90-89 co concurso das galegas María Araújo e Paula Ginzo.
As galegas María Araujo e Paula Ginzo competirán nos Xogos Olímpicos de París 2024 defendendo a elástica da Selección Española ás ordes do adestrador vigués Miguel Méndez. O seu primeiro rival foi a selección chinesa.
A Selección Española estivo por detrás no marcador case todo o partido, pero sempre con opcións. Case sobre a bucina do cuarto período España anota unha canastra tripla forzando a prórroga na que España mandou no electrónico e levou o partido.
Resultados por períodos:
- 13-22
- 33-37
- 53-59
- 76-76
- 90-89 (prórroga)
Consulta a ficha técnica do encontro nesta ligazón.