Manu Ochoa competirá na disciplina de caiac cros en París 2024

Manu Ochoa – Caiac Cros – Series – Pasa a cuartos de final

Manu Ochoa domina outra vez a súa quenda no caiac cros, desta volta nas series. Pasou como primeiro da súa carreira aos cuartos de final desta competición. A cita será mañá, 5 de agosto a partir das 15:52 horas.

Manu Ochoa no caiac cros / EFE EPA MAXIM SHIPENKOV
Manu Ochoa no caiac cros / EFE EPA MAXIM SHIPENKOV

O de Tomiño competía na carreira 2 co dorsal 8 e peto vermello. Na mesma quenda tamén facía parte o outro deportista español, Miguel Trave, co dorsal 9 e peto verde, con peor sorte que Manu Ochoa.

Manu Ochoa no caiac cros / EFE EPA MAXIM SHIPENKOV
Manu Ochoa no caiac cros / EFE EPA MAXIM SHIPENKOV

O resultados da 2.ª quenda na que participaba o deportista galego foron os seguintes:

  1. Manuel Ochoa / España
  2. Jiri Prskavec / Chequia
  3. Liam Jegou / Irlanda
  4. Miguel Trave / España
Manu Ochoa no caiac cros / EFE EPA MAXIM SHIPENKOV
Manu Ochoa no caiac cros / EFE EPA MAXIM SHIPENKOV

Os dous primeiros cualificados de cada quenda acceden a cuartos de final nesta modalidade de caiac cros.

Manu Ochoa accedeu ás series tras superar como primeiro a súa quenda no que foi o seu debut olímpico no caiac cros en París 2024.

Manu Ochoa no caiac cros / EFE EPA MAXIM SHIPENKOV
Manu Ochoa no caiac cros / EFE EPA MAXIM SHIPENKOV
Especialidade:

Data

Ago 04 2024
Eventos pasados

Hora

15:30