Manu Ochoa – Caiac Cros – Contra o reloxo – 10º
O tomiñés Manu Ochoa completou o percorrido da proba contra o reloxo do caiac cros nun tempo de 68.66 tivo unha sanción que lle custou segundos de penalización e rematou esta parte da competición en 10.º lugar. Mañá compite na rolda 1.
O padexeiro de Tomiño estreábase como olímpico á vez que o fai a súa disciplina que chega por vez primeira a uns Xogos Olímpicos.