Julia Benedetti – Skateboarding Park – Eliminatorias
A máis nova da expedición galega é esta rider coruñesa de so 16 anos. Julia Benedetti asiste aos seus primeiros xogos olimpicos. Debuta ela e a súa modalidade, o Skateboarding Park. Ten apenas 45 segundos para demostrar na piscina todos os trucos que sabe facer sobre a táboa e gañarse o pase á final. Actualmente está dentro do top 20 no ranking mundial da modalidade.
A coruñesa Julia Benedetti, con so 16 anos, non puido acceder á fase final na que se loitaba polas medallas. A skater galega acada unha meritoria 16ª posición no seu debut olímpico.