A tiradora galega Judith Rodríguez durante a súa participación nos Xogos Paralímpicos de París 20204 / EFE - JAVIER ETXEZARRETA

Judith Rodríguez – Abandeirada de España na cerimonia de clausura dos Xogos Paralímpicos de París 2024

Nos seus primeiros Xogos Paralímpicos a esgrimista viguesa Judith Rodríguez foi elixida polo Comité Paralímpico Español para ser abandeirada da delegación española na cerimonia de clausura destes Xogos de París 2024.

O nadador catalán Miguel Luque acompañará á galega na tarea de abandeirar á delegación de España nesta cerimonia de clausura destes Xogos.

A tiradora Judith Rodríguez acadou a medalla de bronce na Categoría A de esgrima en cadeira de rodas na modalidade de florete e diploma na de espada. A deportista olívica é a primeira muller española en participar en esgrima nuns xogos paralímpicos desde os de Pekín 2008. Desde Londres 2012 España non tiña representación nuns XX.PP. nesta modalidade deportiva.

A cerimonia de clausura dos Xogos Paralímpicos de París 2024 ten previsto o seu inicio o domingo 8 de setembro de 2024 ás 20:00 e terá lugar no Stade de France.

Especialidade:

Data

Set 08 2024
Eventos pasados

Hora

20:00