Juan Antonio Saavedra – Tiro olímpico – R3 rifle de aire tendido 10 mts SH1 – Final – Bronce
Juan Antonio Saavedra remata terceiro na final da proba R3 rifle de aire tendido 10 mts SH1 no tiro olímpico e suma unha nova medalla olímpica, desta volta de bronce, ao seu extenso palmarés. O deportista galego asinou 232.1 puntos no seu total.
Os de París son os 6.º Xogos Paralímpicos para Juan Antonio Saavedra que compite no tiro olímpico en rifle de aire tendido en varias modalidades. Nesta proba de R3 rifle de aire tendido 10 mts SH1 accedeu á final como segundo clasificado na competición de cualificación e foi terceiro na final.