Jacobo Garrido – 4x100m estilos – Final
O nadador coruñés do CN Liceo, Jacobo Garrido, nadará a remuda dos 4×100 estilos na categoría S9 no Tokyo Aquatics Centre.
A remuda española finalizou en cuarta posición a final dos 4x100m nos Xogos Paralímpicos de Tokyo 2020.
Os primeiros 100m nadounos Íñigo Llopis nun tempo de 1:07.41. Os seguintes foron para Óscar Salguero que cubriu a distancia en 1:08.92. José Antonio Mari Alcaraz foi o terceiro na remuda española facendo os 100m nun tempo de 1:01.05. O máis rápido dos catro foi precisamente o galego Jacobo Garrido que cubriu a distancia por debaixo do minuto cun crono de 58.46.
O total a remuda española foi 4:15.84. O ouro foi para o Comité Paralímpico Ruso que bateu o récordo do mundo cun tempo de 4:06.59. España quedou a 9.25, a menos de 4 segundos dos metais.