Iván Villar – Fútbol – Semifinal
O camiño aos metais pasa por este cruce da Selección Española masculina de Fútbol. O equipo no que milita o galego Iván Villar empatou a ceros con Exipto, superou a Australia por un gol, empatou a uns con Arxentina e accedeu a cuartos de final onde tivo que ganarse o seu lugar nas semifinais a pulso. España no foi quen que vencer a Costa de Marfil ata a prórroga (5-2). Seguinte reto, as semifinais o martes 3 de agosto ás 13:00 horas.
Cun 0-1 na prórroga ante Xapón, o noso Iván Villar será medalleiro olímpico ao disputar a final de fútbol. Os españois mediranse ante Brasil, optando ao ouro, en caso de vencer, ou á prata, se perden.