Iago López – Vela – 49er – Medal Race
O regatista de Portosín Iago López, xunto ao seu compañeiro de tripulación, Diego Botín, compiten neste 3 de agosto polas medallas na regata de 49er masculino. A Medal Race agárdalles as 8.33 hora española nas augas niponas de Enoshima.
Finalmente, o galego lévase a casa o diploma olímpico, ao rematar na cuarta posición da final. Os españois estiveron moi preto de colgarse o metal olímpico, pero finalmente sumaron 85 puntos, quedando ás portas do podio.