Fran Garrigós – Judo -60kg – Roldas preliminares
Arrinca a competición para Fran Garrigós coas roldas preliminares nos Xogos de París 2024. A competición ten lugar no Champ de Mars Arena pista 2. O galego entraba directamente en oitavos de final. Os combates empezaban ás 10:00 da mañá e fóronse sucedendo. Primeiro terán lugar os 16avos de final para -60kg masculinos. O primeiro combate do judoka Fran Garrigós está marcado como o 12.º. Logo da rolda previa o seu rival foi o belga Jorre Verstaraeten
Neste combate de oitavos de final Fran Garrigós venceu ao belga Jorre Verstaraeten na categoría de -60kg e avanza a 4.º de final.
O combate estivo tan igualado que tiveron que ir ao tempo extra para dirimir quen levaba o triunfo logo dun empate cunha penalización para cada un dos judokas.
Tras os catro minutos iniciais continuou a igualdade á procura do erro do rival ou o acerto propio.
O combate durou 6:56 e Fran Garrigós levou o triunfo cun Waza-Ari.
O seguinte paso serán os 4.º de final. De ir avanzando na competición podería acceder as semifinais nos cadros A ou B, á loita pola medalla de bronce ou incluso á final. Esa fase da competición terá lugar tamén hoxe a partir das 16:00 horas na pista 1 do Champ de Mars Arena.