Fran Garrigós – Judo -60kg – Combate pola medalla de bronce B
Logo de caer por ippon nas semifinais Fran Garrigós afrontou o combate pola medalla de bronce B ante o deportista de Georgia Giorgi Sardalashivili na categoría de -60kg de judo nestes Xogos Olímpicos de París 2024.
Neste combate Fran Garrigós acadaba a primeira medalla para o judo español e galego nestes Xogos Olímpicos de París 2024 ao vencer cun Waza-Ari ao judoka de Georgia Giorgi Sardalashivili na loita polo bronce.
Chegouse á técnica de ouro e o combate durou 5:19.
O Champ de Mars Arena acolle a competición.